Oza dos Ríos e Cesuras aproban definitivamente a súa fusión. Os plenos dos dous concellos coruñeses decidírono só cos votos do Partido Popular. Agora o expediente pasa a Xunta, que deberá ratificar o acordo. Os grupos da oposición van impugnar o proceso. // O presidente da Deputación de Ourense rexeita crear unha comisión para investigar a política de contratación de persoal da institución mentres a gobernou seu pai. José Luis Baltar está a ser investigado por un xuíz para ver se prevaricou ao contratar 104 persoas durante a última etapa do seu mandato no organismo provincial. // Os afectados polas preferentes levaron hoxe as súas protestas ás Deputacións de Lugo e Pontevedra. Nesta última, o presidente Rafael Louzán anunciou unha moción para que se manteña a arbitraxe e os afectados non sufran quita. 11/01/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano