Os once tripulantes do "Novo Jundiña", un arrastreiro da Coruña están sans e salvos, logo do naufraxio do seu pesqueiro, a pasada noite fronte a Cabo Ortegal, no Noroeste da costa Atlántica. Foron rescatados pola tripulación do Helimer Galicia, e levados ao Hospital da Coruña onde foron dados de alta // No mar hai alerta laranxa por ondas que incluso chegaron aos nove metros na boia de Punta Langosteira na Coruña e con ventos que xa superaron os 127 km por hora en Cedeira, nun día no que mellora a situación en terra. Os temporais daranos unha pequena tregua ata o mércores cando se preve que entre unha nova borrasca // A Garda Civil segue a buscar aos cinco atracadores que o sábado pasado asaltaron unha vivenda de Cartelle, en Ourense, e roubaron 200.000 euros. Un atraco que rematou cunha falecida, unha anciá de 92 anos morta dun infarto mentres roubaban a súa casa. 11/01/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano