Baltar nega no Supremo ir a máis de 200 k/h | A Xunta detecta un 67% de baixas médicas non xustificadas | Un millón de euros polo incendio de Verín
13/01/2025 00:25:07José Manuel Baltar nega ante o Tribunal Supremo ter cometido delito contra a seguridade vial. O senador do PP e expresidente da Deputación de Ourense, di que nunca superou os 200 quilómetros por hora ao volante dun coche oficial, tal como consta na denuncia da Garda Civil | A Xunta detecta máis de 13.000 baixas laborais que considera inxustificadas, no plan de inspeccións para controlar a fraude, comenzado hai seis meses. Das 20.000 persoas que se atopaban en situación de incapacidade laboral, tras revisar a sua situación médica, o 67 por cento foron dados de alta | José Ramón Gómez Besteiro opta a renovar o cargo de Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, nas primarias do partido. O anterior secretario xeral, Gonzalo Caballero, non descarta presentarse se consegue o aval duns 1.100 militantes | Unas mil hectareas de superficie quedaran arrasadas polo lume, así como coches, naves industriais e outras instalacións. Foi o incendio forestal de 2022 en Verín. Unha muller con problemas mentais e alcolismo asumíu hoxe a sua autoría e aceptou unha pena de tres anos de prisión e pagar máis dun millón de euros polos danos causados. 11-01-2025
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado