Vaise normalizando o tráfico nas principais estradas, tras unha mañá e unha madrugada moi complicadas para circular a causa da neve. Tamén o mar, no litoral de Galicia, está hoxe en alerta. Ondas de cinco metros, obrigan a permanecer amarrada nos portos á maior parte da flota pesqueira de baixura. // "Deep Orient", un buque de apoio a plataformas petrolíferas feito en Vigo. As autoridades que acudiron á súa entrega confían en que simbolice a recuperación da actividade nos estaleiros galegos. A Xunta pide máis tempo para conseguir os avais para construir os floteis de Pemex. // Últimos días para negociar a regulación de emprego en Novagalicia Banco. O xoves remata o prazo e, se non hai acordo, aplicarase a proposta da empresa que supón 2.250 despedimentos. 11/02/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano