Despexado o camiño para a apertura de xuízo pola morte da nena Asunta Basterra, despois de que o Tribunal Superior desestimara os recursos presentados polos avogados dos pais da pequena e únicos acusados. A Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior desestima todos os recursos interpostos polos representantes de Rosario Porto e Alfonso Basterra // O presidente da Xunta defende no Parlamento a venda de Novagalicia Banco coma a mellor opción. Foi en resposta a PSdeG e BNG, que a calificaron de ruinosa para Galicia. Núñez Feijóo reprochoulles a información que lle facilitaron no traspaso de poderes, e dixo que foi o Rei quen o alertou sobre as dificultades da entidade // Dezasete notarías van pechar en Galicia. A crise obrigou o ministerio de xustiza a reorganizar o mapa. Das 187 que hai na nosa comunidade pouco a pouco quedarán 170. Pecharán as que teñan a praza sen cubrir ou cando o notario pida traslado. 11/03/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano