Milleiros de visitantes para os buques de guerra, en Vigo | Galicia recibirá 26 migrantes de Canarias | Exposición de monstruos, de Goya a Levallois
11/07/2024 00:24:57Milleiros de persoas están visitando en Vigo os tres buques que compoñen o Grupo Dédalo da Armada, un portavións, un buque anfibio e unha fragata que recalaron na cidade ata o domingo. Proceden do Báltico onde participaron nunha demostración de capacidades defensivas da OTAN | Galicia recibirá 26 menores migrantes non acompañados dos que están a desbordar a capacidade de acollida de Canarias. No reparto decidido entre as comunidades, a Xunta acepta ese cupo de menores, pero reclama ao goberno central máis recursos para atendelos, di, con dignidade | Representar a Valle Inclán nos lugares onde se inspirou para os seus relatos. É o Festivalle, o certame adicado esta semana en Vilanova, a poñer en escea as obras dun único autor, que se completa con conferencias e visitas guiadas | Os grabados da época escura de Goya, vistos a través da ollada persoal de Stéphan Levallois. O debuxante de cómic e deseñador de personaxes de cine de ciencia ficción como Alien, ofrece nunha exposición na Coruña o traballo creado a partir dos monstruos do pintor aragonés, no que atopa unha fonte de inspiración plenamente actual
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado