Telexornal Galicia 2    11-12-2024
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 11-12-2024

Pacto de pesca na UE para a cerco no Cantábrico | Inditex declara un beneficio de 4.500 millóns | A actualidade do ano, a repaso no Belén de Valga

11/12/2024 00:25:04
Recomendado para todos los públicos
Telexornal Galicia 2    11-12-2024 Telexornal Galicia 2    11-12-2024
Telexornal Galicia 2 11-12-2024 00:25:04 11/12/2024
Recomendado para todos los públicos Sub
Sinopsis

Máis de cen barcos de cerco galegos volverán pescar xurelo ao norte de Fisterra tras dous anos nos que só se podía capturar de xeito acidental. Para o sector a cantidade é insuficiente. O acordo ao que chegaron de madrugada os Ministros de Pesca europeos recolle incrementos de peixe sapo e rapante para as frotas de litoral e baixura | O grupo Inditex supera os 4.400 millóns de euros de beneficio ao remate do terceiro trimestre. As vendas aumentaron un sete por cento, tamén mellora a contención dos gastos. A multinacional con sede en Arteixo duplica, así, as ganancias obtidas en 2020, o ano da pandemia. Aínda así, as cifras non evitaron unha caída das accións na bolsa | Protesta de empregados públicos afiliados a Muface en varias cidades. Piden a continuidade da prestación sanitaria que reciben, logo de que as aseguradoras renunciasen ao concurso para prestar este servizo. En Galicia son cerca de 60.000 persoas e a Xunta estima en 170 millóns de euros o custe de integralas na sanidade pública | Xa é un dos referentes do nadal Galego, coas suas figuriñas minuciosas e as alusións a acontecementos máis destacados do último ano. O belén de Valga ofrece aos visitantes todo un repertorio de esceas e personaxes de actualidade. Inclúe unha homenaxe especial aos afectados pola Dina de Valencia

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesiblidad
Subtitulado