O radar máis moderno co que conta a Dirección Xeral de Tráfico está instalado en Galicia na autoestrada entre a Coruña e Carballo. É capaz de diferenciar entre turismos, furgonetas e camións, decidindo a posible sanción, en base á velocidade permitida para cada un destes medios de transporte // O Presidente da Xunta anunciou hoxe no Parlamento un plan de dinamización do galego que contará coa colaboración de entidades coma a Real Academia Galega. Tamén no pleno de hoxe foron desaloxados un grupo de enfermos de hepatite C que protestaban polo voto negativo dos deputados do PP a unha proposta sobre o uso de novos fármacos para todos os afectados por esta doenza // Marcha unha das xuízas máis coñecidas de Galicia. A instructora de Casos coma a Operación Campeón ou o da retirada das multas de tráfico en Lugo.A xuíza Estela San José deixa a cidade galega e trasládase, a petición propia, a Huelva. 11/02/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano