Sen visibilidade e co barco moi inestable aínda os mergulladores de Salvamento marítimo desistiron hoxe de seguir buscando os seis desaparecidos no naufraxio do Santa Ana. Mañá volverán avaliar a mellor maneira de entrar no pecio e preparar unha operación para estabilizalo // Esta tarde podería chegar á súa casa de Muros o segundo patrón do pesqueiro afundido. O único supervivente do naufraxio, que saía este mediodía do hospital de Avilés. Tamén en Muros é velado hoxe o cadáver doutro veciño da localidade, un dos dous corpos recuperados, logo do afundimento // O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, declarou esta mañá ante o fiscal de delitos económicos. Segundo explicou o propio Louzán a investigación céntrase no aluguer dun local comercial en Vigo, a nome seu e da súa muller, e se se axusta ou non ao prezo de mercado. 11/03/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano