É unha delegación da Unión Europea, que está a investigar as denuncias sobre o alto nivel de contaminación nas rías galegas. Esta mañá estiveron en Vigo e mañá analizarán o estado das rías de Ferrol e do Burgo, na Coruña. A visita responde a once peticións de cidadáns e asociacións galegas. // A Consellería de Medio Rural vai poñer a disposición dos agricultores e gandeiros máis de 6.000 hectáreas de fincas de propietarios descoñecidos, que pertenencen ao Patrimonio do Estado. Galicia é a primeira comunidade na que se pon en marcha esta iniciativa, co obxectivo de aumentar o tamaño das explotacións. // O Parlamento galego estrea sistema de control do acceso dos convidados ás sesión plenarias. Todos os que hoxe estiveron no hemiciclo tiveron que asinar un documento aceptando unhas normas que prohiben amosar pancartas ou camisetas reivindicativas, ou facer fotos. 12/02/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano