Día de “Farrapada” en Laza | Derrota do Celta en Getafe | Denuncian contratos sen cubrir para o servizo de ambulancias do 061
12/02/2024 00:21:37Día grande do entroido máis ancestral de Galicia, en Laza. A Farrapada, a batalla campal a base de trapos enbulleirados de lama, da paso, esta tarde na praza da Picota da localidade ourensá á baixada da Morena | O Celta volveu da súa visita a Getafe coas mans baleiras. A falta de contundencia en defensa e as perdas de balón en campo propio castigaron ao equipo vigués, que chegou ao descanso dous tantos por detrás no marcador| Cinco contratos de ambulancias do 061 quedan sen cubrir debido á baixa dotación económica por parte da Xunta, segundo os representantes dos traballadores | Iniciamos hoxe unha xeira de entrevistas electorais cos principais candidatos á presidencia da Xunta nas eleccións do domingo. A orde e duración das entrevistas están marcadas pola Xunta Electoral. A primeira convidada e Isabel Faraldo, de Podemos
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano