Telexornal - Galicia - Programa informativo en RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 12-07-2024

O consumo de peixe cae un 30% nos últimos dez anos | Galicia segue a cabeza no incremento de prezos |Novo mapa de risco forestal en cada concello |

12/07/2024 00:12:05
Recomendado para todos los públicos
Telexornal Galicia 2    12-07-2024 Telexornal Galicia 2    12-07-2024
Telexornal Galicia 2 12-07-2024 00:12:05 12/07/2024
Recomendado para todos los públicos Sub
Sinopsis

O consumo de peixe cae un 30 por cento nos últimos dez anos e sitúase nos nivel máis baixo dende que se teñen datos. Así o alertan os armadores, que organizan en Vigo un festival, esta fin de semana, para promover o consumo, especialmente entre a mocidade | Os prezos moderanse en xuño. Caen 3 decimas respecto a maio, ata o 3,7%, sobre todo polos carburantes que tiran á baixa do IPC. Galicia volve a ser a comunidade coa inflación mais alta do conxunto do Estado | MeteoGalicia presenta unha actualización do mapa de riscos forestais que inclúe un índice de risco de indendios para cada concello e cunha previsión de 3 días | O buque escola da Armada Juan Sebastián Elcano chegou esta mañá a Marín e poderá visitarse dende mañá ata o luns. Remata o cruceiro de instrución que os futuros oficias iniciaron en xaneiro percorrendo o Atlántico e o Pacífico. Son oitenta e duas damas e cabaleiros gardamariñas que foron recibidos nun acto castrense na Escola Naval por compañeiros e familiares | Na Cidade da Cultura, inaugurase unha exposición internacional sobre a vida dos viquingos. Expóñense un cento de pezas, algunhas delas por primeira vez, e foron traídas dende os países nórdicos onde apareceron

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesiblidad
Subtitulado