Telexornal Galicia 2    12-12-2024
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 12-12-2024

Greeenpece contra Altri, en San Caetano | Riazor acollerá partidos do Mundial 2030 | 20.000 euros por resolver o videoxogo ambientado en Allaríz

13/12/2024 00:25:11
Recomendado para todos los públicos
Telexornal Galicia 2    12-12-2024 Telexornal Galicia 2    12-12-2024
Telexornal Galicia 2 12-12-2024 00:25:11 13/12/2024
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

A organización ecoloxista Greenpeace entrega máis de 550.000 sinaturas contra a instalación da planta de Altri en Palas de Rei, ante a falta de resposta, din, do presidente da Xunta ás súas demandas de reunión. Tamén cortaron temporalmente un dos accesos a San Caetano para esixir unha declaración de impacto ambiental negativa para o proxecto | A investigación sobre os contratos da Xunta durante a pandemia e o sobrecusto do Álvaro Cunqueiro entra na recta final, ante o malestar dos grupos da oposición. Socialistas e nacionalistas din que queda moito por investigar pola actitude obstruccionista do grupo maioritario | Satisfacción na Coruña ao ratificar a Federación Internacional de Futbol que Riazor será unha das sedes do Mundial 2030. O estadio coruñés acollerá entre catro e seis partidos da competición. Queda pendente o financiamento das obras de reforma necesarias. Ferrol será subsede, co estadio da Malata como lugar de adestramento para os equipos | 20.000 euros de premio para quen resolva antes un enigma... É o que propón o creador dun videoxogo ambientado en Allariz. Cada recuncho da vila aporta algunha pista. Só hai que rexistrarse na páxina oficial do xogo e descargar a aplicación. O reto comeza este sábado e non hai tempo límite para dar coa solución

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano