Seguen as consecuencias da morte da muller de Verín á que supostamente asasinou o seu marido, mentres estaba ingresada no hospital en Ourense, convalecente dunha agresión anterior. A familia da vítima pensa emprender accións legais por esa morte. Tamén queren comprobar se Garda Civil e Xulgado teñen responsabilidades por non ter tomado medidas de protección da muller // A Xunta apoia o proxecto de unión de tres das principais cooperativas lácteas de Galicia, Feiraco, Irmandiños e Melisanto, na chamada Agrupación Láctea Cooperativa, que sumaría máis de 800 socios e unha facturación de 22 millóns de euros // Abre ao tráfico o novo túnel da Mariña na Coruña despois de ano e medio de obras. Permitirá soterrar o tránsito de mais de 30.000 vehículos e peonalizar a xoia arquitectónica da cidade: as galerías da Mariña. 12/05/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano