A Xunta nomeou hoxe embaixador do Camiño de Santiago a Vicente del Bosque, o seleccionador nacional de fútbol. Será o segundo persoeiro que ostente este título, despois do Príncipe de Asturias. O goberno galego tamén acordo destinar 4 millóns de euros o plan de formación profesional dual // O cambio de xuíz no Caso Alvia producirase o próximo venres día 20. Luis Aláez tomará posesión da súa nova praza no xulgado penal número un de Santiago. Ese mesmo día será sustituido por Andrés Lago Louro, que se fará cargo da instrucción do accidente de tren de Angrois que deixou 79 vítimas // Un mozo da Estrada mantén unha folga de fame para reclamarlle unha pensión a seus pais. Emancipouse xudicialmente deles, aos que denunciou por malos tratos, aos 17 anos. Agora con 24 atopase sen domicilio e sen ningún tipo de recurso. A nai alega que non están obrigados a mantelo porque así o dictaminou un xuíz. 12/06/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano