O IPC de febreiro queda no 3,2 por cento | O sector naval da Ría de Vigo sae á rúa | ‘Deuses e heroes do barroco veneciano’
14/03/2024 00:24:11Os prezos moderaron a súa suba en Galicia en febreiro, segundo o dato que coñecemos hoxe. O IPC queda no 3,2 por cento, 6 décimas menos que o mes anterior | O sector naval da Ría de Vigo sae á rúa para pedir máis seguridade laboral. Os traballadores dos estaleiros pararon hoxe e manifestáronse en Vigo reclamando máis control da Inspección de Traballo | O Goberno quere máis espazos sen fume, que se prohiba fumar en máis lugares, como paradas de autobús, nas terrazas dos bares o incluso nos coches. Tamén pide máis control para que se cumpran as prohibicións e subir o prezo do tabaco | "Deuses e heroes do barroco veneciano", unha exposición na Fundación Barrié da Coruña que abre as súas portas mañá. Unha importante mostra sobre personaxes mitolóxicos, sibilas... figuras que fascinaron aos pintores venecianos dos séculos XVI a XVIII. 14-03-2024
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano