Detido en Vigo polo crime machista de Valladolid | O sector naval busca 1.000 novos empregados | IPC do 3´1% en xullo| Atemorizados polo lobo en Rois
13/08/2024 00:24:16O home detido en Vigo polo homicidio da súa parella en Valladolid vai declarar nas próximas horas na capital vallisoletana. Pasou a noite nos calabozos da comisaría viguesa tralo seu arresto pola policía local despois de atopar o seu coche mal aparcado e comprobar que estaba en busca e captura. Confesoulle aos axentes que matara á muller | A suba dos prezos modéresase no mes de xullo en Galicia, anque segue a ser a comunidade cos peores datos. O IPC interanual feito público hoxe polo INE queda no 3,1 por cento, marcado polo abaratamento da electricidade e de produtos como a froita e o aceite, fronte a subida do mesmo mes do ano anterior | Soldadores, enxeñeiros ou xefes de máquinas, son os perfís de traballadores especializados que reclama o sector naval galego, tras aumentar a sua facturación un 16 por cento no último ano. Cunha carteira de pedidos de 20 novos barcos, os estaleiros confían poder reclutar uns mil empregados máis para afrontar os proxectos pendentes | Atemorizados polo lobo. Así din estar os veciños da aldea de Piñeiro, en Rois, tras sofrir tres ataques no último mes, que se teñen cobrado numerosas vítimas nos seus rebaños de cabras e ovellas. Aseguran que organizan gardas para preservar aos animais e mantéñenos sen saír ao exterior. No último ano os avisos por ataques de lobos ascenderon a máis de 1.600 en Galicia
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado