O BNG activa a investigación de contratos da Xunta | Protesta de viticultores da Ribeira Sacra | As exportacións de lousa caen un 9%
13/09/2024 00:25:00O BNG cumpre o seu anuncio de forzar unha comisión de investigación parlamentaria sobre contratos da Xunta que considera irregulares. Entre eles, a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, ou as adxudicacións á empresa Eulen. Pedirán que comparezan o expresidente Núñez Feijóo e o actual, Alfonso Rueda | Viticultores da Ribeira Sacra manteñen as protestas, pola negativa das grandes adegas a mercalles a uva, debido aos excedentes que teñen acumulados. Hoxe, convocados polo Sindicato Labrego, chegaron a repartir acios entre o público, en Lugo. A Xunta comprométese a buscar unha solución para que toda a colleita poda ser recollida, e asegurar que non se repita no futuro| As exportacións de lousa de Valdeorras descenden un nove por cento no último ano, pola caída da actividade da construcción en países como Alemania, Reino Unido e Francia. As empresas do sector, que da emprego a máis de 4.000 traballadores na comarca, confían nunha recuperación nos próximos meses e apostan por mellorar a dixitalización do proceso produtivo | Achegar a maxia ao público de todas as idades. Con ese obxectivo nace Pontevedra Máxica Fest.Un festival no que magos de distintos puntos de España ofrecen ,ao longo da fin de semana. máis dunha vintena de espectáculos en locais de hostalería e lecer. Esta mañá arrancaron na Residencia de Maiores de Campolongo
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado