A Xunta aprobou unha modificación do regulamento das parellas de feito co fin de evitar fraudes. Tamén un plan de actuación para evitar a venda de productos agrarios sen etiquetar e controlará especialmente viño, licores, mel e queixos. Ademáis deulle o visto e prace a un anteproxecto de lei para incentivar que os propietarios de terras agrarias abandonadas, as cultiven ou as cedan ao banco de terras
50 persoas detidas, 22 delas en Galicia, por contrabando de tabaco procedente de Andorra e Gibraltar dentro da Operación Smuggling-Pentágono. A garda civil e a axencia tributaria incautáronse de 266 mil paquetes de tabaco sen precintos que acadarían no mercado un valor de máis dun millón de euros.
A roupa e o calzado son os responsables de que os prezos subiran en Galicia o mes pasado ata un 0.7%, dúas décimas máis ca media nacional. Os prezos mantéñense sen variación con respecto a outubro de 2013 pese a que no que vai de ano están en taxas negativas. (13/11/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano