Detido o marido da muller de Narón, de 79 anos que aparecera morta na súa casa, o pasado 29 de decembro. O home, de 78 anos fora o que avisara de que atoparaá muller morta e con varias coiteladas, no interior da vivenda // Armadores e mariñeiros da frota do cerco encerranse en varios concellos, entre eles A Coruña, Bueu e Porto do Son, en demanda dun reparto distinto das cotas de especies coma o xurelo e a xarda. Fano tralo principio de acordo coa consellería do Mar e antes da reunión do xoves en Madrid no ministerio onde estudarán o reparto // Galicia bate records no número de transplantes de órganos o ano pasado con 337 intervencións, un 30 por cento máis co ano anterior. Máis transplantes que son posibles grazas ao aumento das doazóns nun 20%. Por primeira vez superamos a media de España de doantes, con case corenta por cada millon de persoas. 13/01/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano