A lei do solo obrigará aos donos de casas sen acabar a faceren obras para rematalas. Anunciouno o presidente da Xunta, que tamén destacou desa lei que as construcións deberán adaptarse ao contorno,tanto na tipoloxía,como nas formas, nos materiais e nas cores // Prohibidas as queimas forestais, ata novo aviso. A Consellería do Medio Rural tomou esta medida ante o ambiente seco e caloroso de hoxe e que vai seguir nos próximos días. As altas temperaturas están a levar á xente ás praias e en puntos do interior coma Ourense poden chegar aos 36 graos // Cuarto día de folga na recollida do lixo en Lugo, e, nas rúas amoréanse os refugallos. O xulgado declarou axeitados os servizos mínimos establecidos polo Concello. A preocupación polas consecuencias do paro aumenta ante a gran afluencia de visitantes que se agarda na cidade pola celebración do Arde Lucus. 13/06/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano