Unha empresa da que a sede en España se atopa na Coruña está a ser investigada por unha presunta estafa en internet. A firma, de nome Libertagia, tería supostamente estafado a preto de dous millóns de persoas. Ao parecer, ofrecíalles aos seus socios, a cambio dun investimento inicial, 70 euros diarios por ver durante cinco minutos anuncios en internet // O Xuíz Santiago Pedraz, da Audiencia Nacional, deixou en liberdade con cargos o veciño de Narón detido por vender roupa con emblemas yihadistas e fotos de atentados do Estado Islámico. Agora terá que comparecer cada semana no xulgado e foille retirado o pasaporte // Os armadores do cerco guindaron hoxe bocarte, no porto de Vigo, para pedir que lles concedan máis cota de pesca de esta especie logo de esgotaren a que tiñan en apenas dous meses. 13/08/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano