Asalto violento a unha parella en Meis | Santiago pide a declaración de zona tensionada | Espectación polo partido de Copa Ourense-Valencia
14/01/2025 00:25:01As vítimas da agresión ocurrida en Meis recupéranse das feridas sufridas nun centro hospitalario. Mentres, un amplo operativo policial está despregado pola comarca do Salnés e por toda a provincia de Pontevedra, na procura dos autores dun roubo perpretrado con extema violencia, e que se sospeita son de nacionalidade española | A Cidade de Santiago súmase á Coruña e pide ser declarada integramente zona tensionada de mercado da vivenda. Alega que o prezo dos alugueiros aumentou o dobre que o IPC nos últimos cinco anos. A Xunta di que espera coñecer a solicitude para decidir se a aproba, pero advirte de que os informes e gastos de tramitación correrán a conta das arcas municipais | Alcaldes da comarca de Vigo súmanse á convocatoria da manifestación, este xoves, en demanda dunha mellora dos servizos sanitarios, para unha área que atende a 600.000 usuarios. A Plataforma pola Sanidade Pública pide responsabilidades políticas polo sobrecusto do Alvaro Cunqueiro. Reclama que sexa recuperada a sua concesión e se amplíen as instalación | Máxima expectación, en Ourense, ante o partido de oitavos de final da Copa do Rei, unha competición que non se xogaba na cidade dende hai 25 anos. Esta noite, o Valencia, todo un histórico da máxima categoría, é recibido polo equipo local, que está en postos de descenso na primeira federación. No estadio do Couto, escenario do encontro, foi necesario instalar unha bancada supletoria
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado