Oscar Puente cifra en 6.000 millóns o rescate da AP-9 | O Sector eólico advirte dun freo en Galicia| Romanos e Castrexos enfróntanse xa no Arde Lucus
14/06/2024 00:24:59O ministro de Transportes insiste na falta de fondos do seu departamento para asumir o traspaso e rescate da AP-9 e cifra o custe en máis 6.000 millons de euros | Os representantes do sector eólico advirten do freo que están a sufrir. No último ano, din, non se instalou en Galicia ningún aeroxenerador novo, o que pon en perigo proxectos que precisan de enerxía verde | Alumnos dun instituto de Bueu adaptan ao galego o musical Os Miserabeis. unha revisión feminista e actual da novela de Victor Hugo, coa colaboración do Centro Dramático Galego | Xa está en marcha o Arde Lucus, a festa de recreación do pasado romano e castrexo da cidade da muralla. As lexións cruzan a ponte sobre o Miño, fronte a resistencia dos célticos, nunha festa declarada de interese turístico internacional e que programa ata o próximo domingo máis de 300 actividades
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado