Detido o acusado do crime de Baiona | A fiscalía e as acusacións calfican o caso Samuel de “asasinato en manada “ | Celebración dos 100 anos na radio
14/11/2024 00:24:58Detido, de mañanciña, Humberto González, o home de 38 anos, sospeitoso de matar en Baiona a Estela Blach, coa que mantivera unha relación. Levaba cinco días agochado nun galpón, na parroquia de Belesar, sen comida. Foi a sua propia nai a que deu aviso do seu paradoiro | no xuízo polo crime de Samel Luíz, alegato final da fiscalía e das acusacións particulares. Coinciden en considerar probado que se tratou dun asasinato cometido por unha manada grupal, na que participaron todos os acusados e coa agravante de homofobia | Arranca a recolllida de mostras de ADN para o Proxecto Xenoma, unha iniciativa científica que pretende realizar un cribado xenético masivo de enfermidades e contribuir ao avance da medicina personalizada. Mil persoas de entre 35 e 70 anos serán citadas nas próximas semanas mediante mensaxes electrónicas para unha proba piloto | Hoxe a radio é protagonista... Cúmprense 100 anos das primeiras emisións radiofónicas en España. Co gallo deste aniversario, os compañeiros de Radio Nacional de España en Galicia sacaron á rúa o informativo territorial da unha e dez, para estar aínda máis preto da cidadanía... Un programa especial para repasar a importancia histórica deste medio e os momentos fundamentais da radio en Galicia
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado