Hostaleiros de Pontevedra escenifican o enterro do sector, duramente afectado polas restriccions, nunha nova movilización. Mentres, outro grupo de hostaleiros da comarca recibe apoios as suas reivindicacións na oitava etapa da sua marcha a Madrid. // Logo de varias semanas de descenso continuado, Os casos activos ascenden hoxe a un total de 5.560. O aumento céntrase nas áreas de Santiago, Ourense e Ferrol. A presión asistencial sobe tamén, con 365 hospitalizados,. // O sector pesqueiro, pendente da negociación do Brexit, logo da ameaza de Boris Johnson de protexer con buques de guerra as augas nas que faena a frota galega. A expulsión afectaría a uns cen barcos. 1.700 empregos directos están en xogo. // Algúns dos mellores surfistas do mundo aproveitan o temporal pra poñer a proba as ondas xigantes do Portiño, na Coruña. Queren dalas a coñecer de cara á próxima celebración dun campeonato do mundo. (14/12/2020)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano