Catro novos detidos en Santiago na operación Pokemon. Son o concelleiro de Seguridade, Albino Vázquez, o ex asesor do anterior alcalde da Cidade, Ángel Espadas, e dous empresarios, entre eles o xerente en Santiago de Aquagest, a empresa concesionaria do servizo municipal da auga. // Novagalicia Banco e tres dos sindicatos do comité van asinar estar tarde o acordo para a regulación de emprego que suporá a saída de 1.850 empregados da entidade. Os que quedan aceptan unha reducción da xornada laboral. Un terzo das oficinas do banco abrirán tamén pola tarde. // Comunidades de veciños de Vigo acusan de estafa á empresa de administación que lles levaba as contas. Supostamente, a xestoría non fixo os pagamentos das comunidades, que agora teñen as contas bloqueadas e reciben cartas de apremio por impostos que consideraban pagados. 14/02/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano