O fillo da muller de 86 anos que aparecera morta na súa casa de Corme, na Costa da Morte, foi detido coma presunto autor da morte de súa nai e permanece custodiado pola Garda Civil na Comandancia deste corpo de seguridade na Coruña.
Os combustibles para os coches subiron entre dous e catro centimos, no inicio das vacacións de Semana Santa. Un incremento que as estacións de servizo xustifican polo aumento da demanda. As asociacións de consumidores califican esta práctica de habitual.
Os veciños de Verín en Ourense poderán ser atendidos nos centros médicos de Chaves, en Portugal, e os desa zona portuguesa poderán acodir ao hospital de Verín. Será en virtude dun convenio de colaboración transfronteiriza que vai ser asinado o mes que vén para a denominada eurocidade Chaves-Verín,tal como anunciou hoxe o Presidente da Xunta na lacalidade ourensá. (14/04/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano