Novo éxito de Galicia na adxudicación de Bandeiras azuis. É a comunidade de España que máis obtén. Un total de 150 , entre praias e portos. En Galicia está tamén a primeira praia fluvial de toda España que obtén unha bandeira azul . É a da Calzada, no río Verdugo, no Concello pontevedrés de Pontecaldelas.
O hospital universitario da Coruña é o quinto de España en número de transplantes. En 1981 fixeron o primeiro. 34 anos despois xa son 5.000 as persoas as que operaron para recibir novos órganos neste centro no que hoxe posaban os equipos médicos para celebrar unha cifra que é posible lembran grazas o xesto solidario dos doantes.
Manifestación en Santiago dos mariñeiros galegos que traballaron en barcos de Noruega. Seguen a reclamar do país nórdico ás pensións polo tempo que cotizaron alí ou que lles devolvan os 520 millóns de euros que estiman pagaron en tributos a ese país. (14/05/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano