A Xunta e unha empresa tecnolóxica asinan o primeiro convenio para poñer en marcha a Formación dual en Galicia. Trátase de que os alumnos adquiran coñecementos prácticos mediante o traballo real nunha empresa, con contrato laboral, e as empresas formen especificamente aos traballadores para as súas necesidades. // O Senado recorda a Manuel Fraga no primeiro aniversario da súa morte. Instalan no corredor do salón de plenos un busto do político de Vilalba, que despois de sesenta anos de actividade pública rematou a súa carreira na Cámara Alta. // E en Vigo o seu Museo de Arte contemporánea queda desde hoxe sen gardas de seguridade. É o último dos recortes nel despois de que no último ano e medio despediran a dezaseis traballadores de limpeza, mantemento e atención ao público por falta de fondos. 15/01/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano