Telexornal Galicia 2 15-01-2024
15/01/2024 00:23:49Os ventos e as correntes afastan o granulado plástico das costas galegas e diríxeno cara o Cantábrico. Por iso hoxe hai menos movemento nas praias, tras unha fin de semana na que centos de voluntarios se sumaron á limpeza. A Xunta cifra o recollido ata agora en 2.300 quilos de gránulos e case o dobre de outros plásticos | Tensión política pola crise do plástico, con cruces de acusacións que entran de cheo na precampaña | Boas cifras para os tres aeroportos galegos. En 2023 rexistraron preto de 6 millóns de pasaxeiros, o que supón un aumento de case un 15 por cento | Imos visitar o arquivo diocesano de Mondoñedo-Ferrol, que garda os libros parroquiais desde o século dezaseis. Un tesouro informativo para historiadores e investigadores en xenealoxía, que tamén pode axudar a resolver crimes. 15-01-2024
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano