Axuda recollida dende Ordes para os afectados pola DINA | 2024 remata cunha suba do IPC do 2´7% | Rueda e Azcón renovan a Declaración de Santiago
15/01/2025 00:24:14Un gran cargamento de mobiliario, roupa de cama e outros materiais, listos para sair dende Galicia, camiño de Valencia. É a iniciativa dun grupo de voluntarios de Ordes que leva meses recadando diferentes utensilios para os afectados pola DINA. Aseguran que aínda hai moito traballo por facer e que calquera axuda é benvida | 2024 rematou en Galicia cun aumento do IPC do 2´7, unha décima menos que no conxunto de España. A maior subida corresponde á vivienda, gas e electricidade con máis do sete por cento. Os prezos de restaurantes e hoteis aumentaron máis dun catro por cento durante o ano pasado | Xuntanza institucional, en Zaragoza, entre o presidente do goberno aragonés Jorge Azcón e o da Xunta, Alfonso Rueda... Os mandatarios, ambos do Partido Popular, asinaron, unha declaración conxunta, de renovación da Declaración de Santiago, do ano 2021, para esixir ao Goberno central un financiamento axustado ao custo real da prestación dos servizos | O Pontevedra mídese hoxe, ás sete e media da tarde co Xetafe, na eliminatoria dos oitavos de final da Copa do Rei. A competición da que o Ourense Club de Fútbol quedou fóra ao perder por dous a cero, nun encontro histórico contra o Valencia, con cheo total no estadio do Couto
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado