Simulacro de alerta masiva nos móviles da Coruña | Empeza o xuízo polo crime de Samuel Luíz |Os prazos baixan un punto en setembro
15/10/2024 00:24:58Alerta masiva na comarca da Coruña: miles de móbiles reciben unha mensaxe co aviso dun accidente na refinería. Foi un simulacro para comporbar o funcionamento dun sistema para transmitir a todos os móbiles dunha zona indicacións de como actuar ante unha emerxencia. O resultado é que moitos non chegaron a recibir a notificación | Os abogados dos cinco adultos acusados do asasinato de Samuel Luíz, adiantan que van pedir a libre absolución dos seus clientes, no xuízo que hoxe comenzou na Audiencia da Coruña. Primeira xornada adicada a seleccionar aos membros do xurado. Terá que pronunciarse sobre a culpabilidade e tamén sobre a posible motivación homófoba da agresión ocurrida aquela madrugada de 2021 á saída dun local de ocio | Os prezos baixan case un punto en setembro respecto ao mes anterior, mentres a inflación interanual sitúase no 1´3 por cento, un aumento inferior a media do conxunto de España. Os combustibles, máis baratos que hai un ano, contribuen a moderar o avance do IPC, xunto cos alimentos, mentres a vivenda segue á alza | Avanzar na igualdade e apostar pola contratación de mulleres en sectores masculinizados. Son os retos neste Día Internacional da Muller Rural. Un exemplo atopámalo en Forestalis, unha empresa de Cerdedo-Cotobade de xestión de montes onde as xefas de cuadrilla son mulleres,que e levan reforestado máis de 2.000 hectáreas nos últimos tres anos para prevención dos incendios
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado