Continúa a loita entre os actuais administradores e os bancos acreedores polo control de Pescanova. Se non hai acordo, a multinacional entrará en liquidación. Os bancos non queren cederlle o control a Damm e perder dous mil dos tres mil millóns de euros da débeda da compañía.
Os propietarios galegos de montes venderon, o ano pasado madeira por valor de 280 millóns de euros, un 29 por cento máis que no 2012. Galicia situouse á cabeza das exportacións españolas deste producto, superando, por primeira vez, a Cataluña e Valencia .
Santiago segue a ser o destino turístico máis demandado polos visitantes españois que chegan a Galicia para pasar estas vacacións de Samana Santa. Tras a capital, o destino galego que aparece en segundo lugar é a cidade da Coruña, e despois, Sanxenxo, segundo os datos ofrecidos polo portal de ocio on line " atrápalo.com. (15/04/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano