A Xunta prepara un decreto coas medidas para aumentar a competencia nas gasolineiras, coma medio para abaratar os custes, actualmente 2 céntimos por riba da media de España, sobre todo nos gasóleos // A fiscalía abre expedientes a varios menores de Vigo por difundir por WhatsApp fotos íntimas dunha compañeira de trece anos. Entre os imputados están o exnoivo e algunha amiga da menor. A policía segue rastrexando os teléfonos desde os que reenviaron as imaxes, polo que poderían ampliarse as imputacións // Ourense é o centro da atención xerontolóxica ao celebrarse alí Galisenior // Case unha cuarta parte dos galegos ten máis de 65 anos e a nosa é unha das rexións de Europa máis envellecidas. Din os expertos que a clave de que sexamos moi lonxevos é a nosa dieta, a atlántica. 15/05/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano