O peor agárdase para as próximas horas. Hai alerta amarela por chuvia, porque poden caer ata 40 litros por metro cadrado, sobre todo no sur. No norte tamén empezan a tomar precaucións... pechando os parques, en cidades como a Coruña. //
A evolución de Teresa Romero, a auxiliar de enfermería galega, afectada de évola, invita ao optimismo, xa que segue mellorando lixeiramente,aínda que continua en estado moi grave,no Hospital Carlos Tercero, de Madrid. Os médicos que a atenden chaman á cautela, xa que a doenza pode presentar altibaixos. //
O Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, comprometeuse a manter a actual planta e a que sigan os partidos xudiciais. O novo titular do Ministerio anunciouno, logo dunha reunión co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
(15/10/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano