PSA Peugeot Citroen de Vigo será a que fabrique a nova furgoneta da multinacional francesa. Anunciáronllo hoxe os responsables da empresa ao Presidente da Xunta, en París, anuncio que pon final feliz a meses de espera. Vigo competía con outra planta da marca en Eslovaquia.
Miguel Rosendo da Silva pasou a primeira noite no cárcere da Lama, en Pontevedra, a onde foi enviado polo xuíz, que o acusa de asociación ilícita e de abusos sexuais. A súa man dereita, Marta Paz, quedou en liberdade, pero tamén está imputada, ao igual que un matrimonio de Moaña, que lograran saír da orde relixiosa.
Garda Civil de Tráfico e policías locais aumentan esta semana os controis ,nunha campaña contra o consumo de alcohol e drogas.
A campaña faise nestas datas, previas ao nadal, que é cando aumentan o número de festas e de reunións familiares, nas que o consumo de alcohol é habitual. (15/12/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano