Alixo frustrado de 1.100 quilos de cocaína en Vilanova | Aumento do 30% dos trasplantes o ano pasado | O Celta mídese ao Real Madrid na Copa
16/01/2025 00:25:00Os detidos cando intentaban descargar un alixo de 1.100 quilos de cocaína en Vilanova de Arousa, pasan a disposición xudicial. Son Sete homes, de nacionalidade albanesa, entre os que figuran os tripulantes da lancha rápida na que transportaban a droga, e un galego, acusado de colaborar coa rede, sobre o terreo | O sistema sanitario galego realíza máis dun transplante de órganos ao día. 424 persoas recibiron un transplante en 2024, o que supón case un 30% máis que no ano anterior. Houbo 137 doantes, o mellor dato da historia. Desde que comezou o programa de doazón, máis de 10.000 persoas tiveron unha segunda oportunidade | Gonzalo Caballero renuncia a disputar a Gómez Besteiro o cargo de secterario xeral nas primarias do PSdeG-PSOE. Di que non se dan as condicións necesarias, e critica á dirección federal do partido por respaldar a continuidade do seu sucesor ao frente dos socialistas galegos | Na eliminatoria da Copa hoxe tócalle ao Celta loitar polo pase a cuartos de final. ÁS nove e media da noite no Bernabeu ante o Real Madrid, nun partido retransmitido pola 1 de Television Española. O Pontevedra quedou eliminado en Pasarón, ao non poder remontar o gol do Xetafe nos primeiros instantes do partido, e pese ter a posesion e a iniciativa
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado