O tren Avril chega a Coruña co ministro Oscar Puente |Folga de Iberia no aeroporto de Santiago |Restauración do templo budista de San Amaro
16/05/2024 00:25:00O tren Avril de alta velocidade chega a Coruña, co ministro Óscar Puente e o Presidente da Xunta. É un dos aparatos de nova xeración, que entrarán en servizo comercial o próximo día 21, e que permite reducir o tempo das viaxes entre Galicia a Madrid en 15 minutos | Mañá caótica no aeroporto de Santiago, onde traballadores de Iberia inicia unha folga de dous días pra denunciar sobrecarga de traballo por falta de persoal, agravada tralo peche de Peinador o pasado día 6 de maio. 8 vóos foron cancelados| A comunidade budista confía en comenzar este verán as obras para restaurar o templo ubicado no concelloourensán de San Amaro, único dedicado a esta crenza en Galicia, e que foi destruido polo lumehai tres meses. Calculan en máis de 700.000 euros o custo da rehabilitación |A intelixencia artificial como ferramenta para tratar, úlceras, queimaduras e feridas de difícil curación. É o proxecto que lidera un equipo de enfermaría da área sanitaria de Pontevedra, na súa parte clínica, con software desenvolvido no centro Gradiant de Vigo. 16-05-2024
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado