As defensas piden a libre absolución no xuizo polo crime de Samuel | Puente ve difícil o traspaso da AP-9 |O Dragon Boat, contra o cancro de mama
16/10/2024 00:24:59Na primeira xornada do xuízo polo crime de Samuel Luíz, as defensas dos cinco acusados piden a libre absolución. Tres deles alegan o consumo de alcol nas súas estratexias. A fiscalía oponse. Di que a morte do mozo foi buscada e consensuada por eles, e cualifica os feitos de asesinato | O ministro de Transportes non desbota agora o rescate da AP-9. Nunha comparecencia no Congreso, di que a opción de recuperar a concesión a Audasa está a ser estudada, a espera do pronunciamento europeo sobre a prórroga do goberno Aznar. Puente tamén confirmou a rebaixa das peaxes, pactada polo BNG, e considerou moi difícil o traspaso da autoestrada á Xunta | O Concello de Outes prohíbe o consumo de auga da traída municipal, ante o aumento de casos de gastroenterite, a espera das análises que leva a cabo a consellería de Sanidade. Máis de 50 persoas presentan síntomas leves da enfermidade nos últimos días. Moitos concéntranse nas zonas máis afectadas polo paso da borrasca Kirk | Dentro da semana mundial contra o Cancro de Mama, iniciativas para concienciar sobre a importancia da detección precoz, e dos beneficios físicos e emocionais do deporte. Ente elas o Dragón Boat, unha modalidade de piraguismo especialmente recomendada para as pacientes sometidas a unha mastectomía
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado