Intervidos 229 quilos de cocaína nun cargueiro de Brasil | Reaccións á multitudinaria manifestación contra Altri | Louzán, novo presidente do fútbol...
16/12/2024 00:25:02Novo golpe ao narcotráfico en Galicia. A Garda Civil e Vixilancia Aduaneira interviron preto de 230 kilos de cocaína nun barco do Brasil que chegou ao porto exterior da Coruña. Investigan a organización que está detrás deste alixo. Polo momento non hai detidos | As forzas políticas reaccionan trala multitudinaria mobilización, en Santiago contra o proxecto da multinacional Altri en Palas de Rei. O BNG e os socialistas piden a Rueda que atenda o clamor dos manifestantes, mentres o presidente a Xunta di que son máis os galegos que apostan polo futuro da industria e a creación de postos de traballo | Campaña da dirección xeral de tráfico para detectar consumo de alcohol e drogas ao volante, un comportamento que supón a segunda causa de sinistralidade mortal nos accidentes. A normativa que entra en vigor o próximo ano reduce de 0´5 a 0´2 gramos por litro o límite de alcol permitido en sangue | Rafael Louzán é xa o novo presidente do fútbol español... O ata agora presidente da Federación galega logra o respaldo da maioría absoluta na asamblea celebrada hoxe, con 90 votos fronte a 43 do outro candidato, Salvador Gomar. Mentres, está pendente do recurso ante o Tribunal Supremo a súa condena por prevaricación cando presidía a Deputación de Pontevedra
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano