Os transplantes de órganos aumentaron o ano pasado en Galicia ata un total de 294, o que permitiu superar xa a cifra de 6.000 transplantes nos nosos hospitais dende que se efectuou o primeiro en 1981. O SERGAS destaca que tamén foi maior o número de doadores, un total de 100, o que sitúa a Galicia por riba da media española en taxa de doazón. // A Xunta vai premiar aos estudantes de Formación Profesional que fagan as propostas máis salientables para mellorar o servizo da Inspección Técnica de Vehículos en Galicia. Os que gañen o concurso terán unha bolsa de formación dun ano na empresa concesionaria. // Uxía, unha nena de Quiroga, en Lugo, naceu hai un ano sen unha man. A súa familia e amigos organizáronse para recoller tapóns de plástico e poñer en marcha outras actividades solidarias coas que recadar os máis de cen mil euros que custa a reconstrución da man esquerda da pequena, unha operación que non cubre a sanidade pública. 16/01/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano