Os galegos somos os que pagamos os combustibles máis caros de toda España, concretamente, o gasóleo, segundo un informe elaborado pola Xunta que lle pide ao Tribunal de Defensa da Competencia medidas contra as empresas petroleiras, ás que o Goberno Galego considera responsables desta diferencia. A Xunta adoptará medidas correctoras, coma incentivar a competencia no sector.
Ata o 95 por cento de ocupación rexistran os establecementos hosteleiros de maior categoría das nosas zonas turísticas, nestes días de Semana Santa. O resto das prazas hoteleiras manteñen tamén unha ocupación razonable, gracias ao bo tempo, e acadan porcentaxes superiores ao 60 %
Arranca en Camariñas a vixésimo cuarta edición da mostra do encaixe. Durante cinco días, ata o domingo, cincocentas palilleiras de doce países amosarán o seu traballo na vila da Costa da Morte. (16/04/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano