A Fiscalía Anticorrupción solicita penas de tres anos de cárcere para a antiga cúpula de Novacaixagalicia, polo suposto cobro indebido de indemnizacións millonarias. Considera que o ex presidente Julio Fernández Gayoso, e outros cinco directivos, actuaron movidos pola intención de obter un importante beneficio patrimonial, malia difícil situación da entidade // Núñez Feijóo considera que o que está en crise non é o modelo social nin o sistema político instaurado na transición. O Presidente da Xunta cre que son os partidos de esquerdas e nacionalistas os que padecen esa crise ao non darse adaptado días novas circunstancias sociais e económicas // Cúmprese unha semana de folga na recollida do lixo en Lugo sen que se albisque solución. Nas rúas amoréanse refugallos mentres o concello pide ás partes que negocien. O Alcalde ameaza con rescatar o servizo se non hai acordo. 16/06/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano