Toda Galicia está baixo os efectos dun temporal que está a deixar moita chuvia e que obrigou a activar a alerta vermella no interior da provincia de Pontevedra. Alí poden caer ata 120 litros de auga por metro cadrado en 12 horas. Vigo é un dos puntos con máis incidencias, con asolagamentos.
As denuncias de empregados das empresas investigadas ...e as pescudas da Consellería de Traballo ...fixeron posible o descubrimento da fraude duns 20 millóns de euros,de empresas da Coruña. Estas foron constituídas, ao parecer,para facérense con esas axudas á formación.
Boas noticias respecto á evolución de Teresa Romero, a auxiliar de enfermeiría galega, afectada de ébola. Diminúe a carga viral, e recuperou o bon funcionamento de órganos coma os riles ou o fígado. Os médicos que a atenden piden, así e todo, cautela respecto à súa curación. (16/10/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano