Aumento da gripe, con 150 ingresos na última semana | O celta despídese da Copa, con polémica arbitral | Preparando a festa dos Fachós, en Castro...
17/01/2025 00:23:04Aumentan os casos de gripe, con 150 ingresos hospitalarios na última semana, case un 30 por cento máis, e duplícanse as consultas médicas. As persoas entre 20 e 59 anos son as que máis acoden. A consellería de Sanidade considera que a intensidade segue a ser baixa e recomenda o emprego de máscara a pacientes con síntomas e grupos de risco | Reaccións á multitudinaria manifestación en Vigo, na que particiaron máis de 60.000 persoas, segundo os convocantes, en defensa da sanidade pública. Os socialistas e o BNG apoian a mobilización para reclamar unha mellora da atención na comarca. O conselleiro de Sanidade, pola súa parte, asegura que o investimento previsto para este ano nesa área sanitaria é de mil millóns de euros | Con polémicas decisións arbitrais incluídas, o Celta queda fóra, tamén, da Copa do Rei. No encontro co Real Madrid, o equipo vigués foi quen de remontar un 2 a 0 e forzar a prórroga. Os brancos remataron anotando tres goles nos últimos 15 minutos | En Castro Caldelas, na Ribeira Sacra ourensá, apuran os preparativos para a Festa dos Fachós, unha das poucas celebracións de Galicia nas que se rende culto ao lume. Dende hai séculos, cada dezanove de xaneiro, no lusco e fusco, os veciños saen en procesión polo casco histórico portando fachós en homenaxe a San Sebastián, o seu patrón
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado