A Axencia do Banco Madrid de Lugo abriu hoxe , pese ao bloqueo das operacións da entidade, logo da súa intervención polo Banco de España. Os axentes lucenses din que salvaron boa parte dos fondos dos seus clientes, ao recomendarlles transferilos a outras entidades, a semana pasada, cando empezaron a detectar o problema.
Operacion da Garda Civil na confraría de Cabo de Cruz, na localidade coruñesa de Boiro. A Garda Civil interrogou ao expatron maior, á actual secretaria e á anterior presidenta das mariscadoras . As actuacións son secretas pero poderían deberse a unha denuncia da fiscalía por presunta malversación de fondos.
A Coruña convirteuse estes días na capital gastronómica do Atlántico, co forum gastronómico que se celebra por quinto ano. Participaron 600 marcas, cociñeiros famosos e representantes das principais zonas gastronómicas de toda España e de Portugal e Italia.
(17/03/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano