Empeza en Galicia a operación militar Eagle Eye | Sete cidadáns de Mali piden Asilo na Coruña | Nadine López, de Monforte a mellor nota da Ebau
17/06/2024 00:24:59Os avións de combate Eurofihgter chegan ao aeroporto de Santiago, para comenzar a operación Eagle Eye. Unhas manobras con importante participación dende Galicia, para coordinar aos exércitos de terra, mar e aire, co obxetivo de mellorar a eficiencia na proteción de todo o territorio nacional| Nova protesta laboral das dependentas de Inditex. Reclaman, cun peche nas instalacións de Arteixo, melloras específicas para a provincia da Coruña onde as condicións, din, son nalgús casos peores que en outros lugares | Sete mozos chegados de Mali, fuxindo da guerra, levan dende xaneiro na Coruña, sen papeis, e sen medio de vida. Hoxe quixeron poñer de manifesto as dificultades que atopan pola sua condición de residentes irregulares, e a lentitude dos trámites para solicitar protección internacional | A estudante coa mellor nota na Abau de Galicia, é a monfortina Nadine López Aira, cun 9,98 sobre 10 na parte obrigatoria. Alumna do instituto público Río Cabe, di estar agradecida aos seus profesores, por impulsala, dende nena a interesarse pola ciencia. O seu soño agora, chegar a traballar na NASA
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado