A Comisión Europea esíxelle, finalmente a España a recuperación das axudas fiscais concedidas ao sector naval entre os anos 2007 e 2011 ao considerar que foron ilegais. E o acordo do Colexio de Comisarios, adoptado esta mañá e que daba a coñecer pouco antes do mediodía o comisario da Competencia, Joaquín Almunia // Os traballadores do sector naval temen que o acordo da Comisión faga perigar os seus empregos e que disuada a futuros clientes. A Xunta xa lle pediu ao Ministro de Industria que recorra a Estrasburgo e solicite a suspensión da devolución das axudas // Reuniuse dende primeira hora da mañá o Consello de Administración de Pescanova. É a primera vez que o fai despois de coñecerse o informe que revelaba práticas contables irregulares para ocultar a débeda da empresa que se aproxima os 3.300 millóns de euros. 17/07/13
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano