Rueda critica o traslado de 470 inmigrantes | Golazo de Tere Abelleira para a vitoria ante Bélxica | A pegada dos Viquingos en Galicia
17/07/2024 00:11:44Xuntanza en Lugo entre o presidente da Deputación e o presidente da Xunta. Os problemas de falta de médicos na sanidade, o servizo de axuda no fogar e a política industrial foron algúns dos asuntos abordados | Rueda acusa de secretismo e desorganización ao goberno central, polo anuncio do traslado a Galicia de 470 inmigrantes procedentes de Canarias, que está previsto sexan aloxados en albergues e hostais | Fracasada a última negociación no conflito do lixo da Coruña. O comité de Empresa esixe que se retiren os expedientes disciplinarios | O estadio de Riazor batíu o récord de asistencia a un partido da selección feminina de fútbol, con máis de 16.000 asistentes a vitoria de España ante Bélxica, nun encontro que serviu de preparación para os Xogos Olímpicos, e que será recordado polo golazo da exxogadora deportivista Tere Abelleira | Unha vida viquinga' é unha exposición internacional que cuestiona os clixés populares, con pezas arqueolóxicas inéditas, e recolle a pegada que deixaron os vikingos en Galicia
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado